ALBERTO DÍAZ

Alberto Díaz (Madrid, 1972). Baixo o pseudónimo de «pelorroto», curtiuse no underground madrileño participando nos proxectos de autoedición Sopas de Ajo e Cretino. Colaborou tamén en fanzines de espírito afín como TMEO, A la Calle, Sunday Morning, Peo, Atumoe… Nesa época publicou unha recompilación de humor gráfico, Ecija-Sestao X (Ediciones Estupendas),e o mini-álbum Vertedero (Cretino).

Puxo en marcha dous proxectos de BD en formato blog. O primeiro, xunto a Pedro Alpera: Hoy no comemos, que xunta gastronomía e banda deseñada. O segundo: Por favor, deme LA RAZÓN, unha sorte de exercicio de demagoxia existencial sobre xornalismo barato, reciclaxe, política e bicicletas.

Actualmente traballa como ilustrador para diversas editoriais, é coautor da serie literaria «Lechuza Detective» e imparte talleres de debuxo e de animación á lectura para rapaces.

Hay 1 producto.

Su obra:
Mostrando 1 - 1 de 1 item
Mostrando 1 - 1 de 1 item