Coleccións  Hai 3 produtos.

Subcategorías

  • Castelao

    Coa intención de albergar a biografía en banda deseñada da figura do ilustre Castelao, naceu esta colección e coa intencionalidade de que despois de completar esta biografía, que terá oito volumes realizados polos autores Iván Suárez e Inacio Vilariño, a porta quede aberta a outros posibles títulos relacionados có universo propio que xera unha figura multidisciplinar e de alto interese como é Castelao.

    Compre destacar que o segundo título desta colección, "Titoán", mereceulle aos autores o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña no ano 2011 e que grazas ao apoio de Librería Kómic como socio colaborador conseguimos normalizar o proxecto biográfico.

  • Häinös

    Contan que habelas hainas e en Demo Editorial estamos seguros que mundos fantásticos hainos tamén. O noso gusto pola ciencia ficción e os universos imaxinarios levounos a abrir esta colección especializada onde se demostra que en Galicia hai un gran gusto por parte dos autores de cara ás historias de xénero fantástico. Dar renda solta a estas temáticas é o obxectivo desta colección onde no substrato de todas estas historias de ficción sempre queda un marxe para a crítica e o coñecemento da nosa propia realidade.

  • Eumedievo

    O libro "Os lobos de Moeche" de Manel Cráneo, que aborda as revoltas irmandiñas de 1465, abriu esta colección e a propia andadura de Demo Editorial no ano 2009 coa intencionalidade de abrir un espazo adicado a banda deseñada de aventuras de ambientación medieval.

    Historias e lendas da Galiza medieval e proxectos divulgativos relacionados coa arqueoloxía e a historia teñen cabida nesta colección. A realidade fúndese coa ficción, respectando a documentación histórica para achegarnos a unha época rica en acontecementos, ata agora poucas veces abordados na banda deseñada galega. 

  • Demográfica

    A Colección Demográfica naceu coa idea de destinar un espazo na nosa editorial a libros de pequeno formato onde a imaxe pesará por riba da palabra.

  • Fóra de colección
Amosando 1 - 3 de 3 artigos
Amosando 1 - 3 de 3 artigos