NOVIDADE XULLO 2017: TATTOO

NOVIDADE XULLO 2017: TATTOO

Anunciamos a primeira das nosas novidades para este verán, a novela gráfica Tattoo é a opera prima de Santiago Paredes, un tipo nacido para ser salvaxe que nos ofrece unha sorte de coctel visual de iconas da cultura rockeira e underground que deixa a sensación de ter cabalgado nunha moto custom a través dun mundo antropomórfico de tons fantásticos. Terceiro título tamén, dentro da nosa colección Demográfica.

SINOPSE

Unha gata crúzase por diante dun coello e o universo metafísico alíñase para que todas as iconas do rock & roll conflúan no delirio do amor máis duro e rebelde do barrio. Cando estas dúas almas converxen nunha tatuaxe, de estrañas cualidades, tan só resta bailar endiañadamente como unha bóla de billar perdida na xungla de asfalto, pois xa non hai fera no suburbio que free este instinto básico.

SANTIAGO PAREDES

Tui, 1989

Graduado en Belas Artes en Pontevedra, onde posteriormente realizou un mestrado en ilustración, en 2013 comezou a traballar coa galería Combustión Espontánea, na que realizou varias exposicións individuais.Fortemente influenciado pola cultura punk, o cómic underground, a natureza e a historia da humanidade, vén desenvolvendo a sua actividade profesional como ilustrador, deseñador gráfico e músico. Forxou o seu estilo colaborando en fanzines e numerosos artefactos gráficos ao servizo do rock and roll.En 2016 publicou o seu primero libro Furious Monkey House Corre, Mono, Corre (Planeta) con textos de Rodrigo Cota, guionista que publicou con Demo o álbum Nacho Camacho nesta mesma colección.

FICHA TÉCNICA

AUTOR: Santiago Paredes

IDIOMA: Sen palabras

COLECCIÓN: Demográfica nº. 3

XÉNERO: Social, fantástico

PÁXINAS: 92, branco e negro

MEDIDA: 14 x 21 cm

ENCADERNACIÓN: Rústica con lapelas de 7 cm

ISBN: 978-84-947396-0-6

P.V.P. : 13,90€

TATTOO

Publicado el 19/07/2017 Home 0

Deixa un comentarioLeave a Reply

Debes iniciar sesión para deixar un comentario.