Atentos á segunda novidade que traemos este verán. Apostamos forte pola Nova banda deseñada galega cunha escolma de trece autores/as que, introducidos por unha fantástica ilustración de cuberta de Jorge Peral, sorprenden pola súa enorme calidade. O licor café, bebida fortemente vinculada a Galicia, é o leiv motiv para o desenrolo de trece historias curtas de estilo moi diverso, que como pequenos grolos, ofrecen unha rápida degustación do que están a facer na actualidade este refresco xeracional de creadores. O panorama creativo do cómic galego segue a medrar en cantidade e así o demostran nesta ocasión: Kike J. Díaz, Santiago Paredes, Xulia Vicente, Xulia Pisón, Luis Yang, Uxía Larrosa, Cristian Fojón, Debelius, Paula Esteban, Inés Vázquez, Mateo Alvarellos, Gaudino e Dani Xove.
Estes trece groliños compoñen ademáis o primeiro título da nosa nova colección BDG13, en que publicaremos novas escolmas doutros autores desta xeración presente que entra pisando forte e doutras, que entre todas forman o grande panorama que a día de hoxe ofrece a banda deseñada galega. Agardamos que a iniciativa sexa do voso agrado.
FICHA TÉCNICA
AUTORES: KIKE J. DÍAZ / SANTIAGO PAREDES / XULIA VICENTE / XULIA PISÓN / LUIS YANG / UXÍA LARROSA / CRISTIÁN FOJÓN / DEBELIUS / PAULA ESTEBAN / INÉS VÁZQUEZ / MATEO ALVARELLOS / GAUDINO / DANI XOVE
IDIOMA: GALEGO
COLECCIÓN: BDG13, N.º 1
XÉNERO: VARIOS
PÁXINAS: 112, branco e negro
MEDIDA: 17 x 24 cm
ENCADERNACIÓN: RÚSTICA CON LAPELAS 7cm
ISBN: 978-84-947396-4-4
P.V.P. : 13,90 euros