En 2008 Demo Editorial iniciaba a súa andaina editando banda deseñada galega coa obra "Os lobos de Moeche" en saber que esta ía a ser a primeira peza dun catálogo nutrido que en 2018 cumprirá unha década. A obra de Manel Cráneo editouse cunha tiraxe inicial de 2000 exemplares grazas ao apoio de Euroeume, entidade que apostou polo libro como peza promocional do Museo do Castelo de Moeche. Dous anos despois, en 2010, chegou unha reimpresión de 1000 exemplares máis e xa no 2012 unha segunda edición de 500 exemplares comercializada en pack xunto á bd "A Torre dos mouros", feita como peza complementaria e divulgativa do proxecto co mesmo nome realizado por Malde Arqueoloxía para o Concello de Carnota.
"Os lobos de Moeche" terá unha terceira edición en decembro deste mesmo ano coincidindo co 550 aniversario das Revoltas irmandiñas. Sendo esta unha ocasión tan especial o libro terá algunhas sorpresas e contidos extra.
Mantédevos atentos, seguiremos informando.