DEMO EDITORIAL LEVARÁ 75 TÍTULOS GALEGOS AO GRAF CÓMIC (MADRID)
DEMO EDITORIAL LEVARÁ 75 TÍTULOS GALEGOS AO GRAF CÓMIC (MADRID)
A EDITORIAL GALEGA REFORZA A SÚA LIÑA DE APOIO A NOVOS CREADORES GALEGOS DE BANDA DESEÑADA
Demo Editorial asistirá cun stand ao festival GRAF CÓMIC de Madrid, unha das citas consolidadas a nivel estatal arredor da autoedición e edición independente. A editorial galega destinará nada máis e nada menos que o 50% do seu espazo á venta a apoiar a autores e autoras de banda deseñada emerxentes do panorama galego baixo o nome de "NOROESTE BD. Cómic desde Galicia".
Esta iniciativa sen precedentes fará que máis de medio centenar de fanzines e títulos autoeditados, publicadas en galego ou castelán dependendo de cada iniciativa, teñan presenza no festival madrileño nun escaparate óptimo para a promoción do seu traballo. Estás publicacións estarán presentes xunto a unha ampla selección das xa perto de 30 referenzas publicadas polo selo Demo Editorial.
Con esta innovadora iniciativa, na que a Demo Editorial non cobrará custos de aluguer nin persoal comercial aos participantes e o importe íntegro das ventas vai tamén aos seus autores, o selo editorial coruñes pretende afianzar a súa línea de apoio e promoción ás novas xeracións de autores que traballan no ámbito territorial galego, obxectivo que vai consolidando con outras accións como a realizada este mesmo ano có lanzamento da nova colección BDG13, serie de antoloxías monográficas de sinaturas galegas estreada co título Licor caféo pasado mes de agosto eque reune a 13 autores da Nova BDG (banda deseñada galega) e estará tamén a venta na feira.
O director editorial Manel Cráneo ten claros os seus obxectivos: "Sendo unha editorial pequena e independente non podemos asumir todas as novidades editoriais que entran pola nosa porta así que andamos sempre na procura de reforzar o noso apoio aos autores emerxentes con iniciativas que permitan que os seus traballos personais ou colectivos teñan novos escaparates." ademáis, o editor denuncia a falta de apoio institucional na produción de banda deseñada en Galicia, "non hai unha estratexia seria e firme para a Cultura Galega acorde aos tempos que corren e que atenda ás necesidades do sector gráfico da banda deseñada que a nivel autoral vive unha época dourada e de máximo explendor na que as meirandes figuras non poden ser profestas na súa terra porque non reciben apoio ningún." conclúe.
A cantidade total de publicacións de cómic galego que estarán presentes no stand é de 75 títulos e máis dun centenar de autores/as tendo en conta a selección de obras que levará a propia editorial, unha acción sen precedentes que ademáis de estar dirixida polo editor conta coa coordinación do historiador e divulgador especcializado en banda deseñada David Calviño.
Algúns dos fanzines que estarán presentes na feira son: Altar Mutante, Compota de Manatí, ¿Hay alguien ahí?, Red Bricks, McCactus, (∞ – 1), Cruel y estúpido, Pantocrátor 3000, Young Saviors, Hood, Diario de un debuxante, Andómedas Debuxadas, Míticas, Sombra, Muhômono Outlaw, Galaxy Girls, Espabila, Miputarca, Sin título, Yo controlo, F, O asubío das fouces, Por un saco de patacas, O voo da vacaloura, Salustio en Norteamérica, Tinta 2, Puño, Bosviac. In-Forme, Te vas a morir, No Tocar, etc.
Os fanzines están realizados por colectivos e autores sobradamente coñecidos do panorama autoral galego como Altar Mutante, Colectivo Miñoco ou autores como Brais Rodríguez, Xulia Pisón, Cristián Fojón, Jorge Peral, Yupiyeyo, Paula Esteban, Rubén Rial, Inés Casarejos e un longo etc.