É un pracer para nós anunciar a primeira das nosas dúas novidades para decembro. Santy Gutiérrez 2017, un libro que recopila as mellores viñetas en medios de prensa do ilustrador e humorista gráfico Santy Gutiérrez durante este último ano. Unha obra que ven cargada de grandes temas no ámbito internacional desde a política de Trump ata a independencia de Cataluña pasando por outros moitos temas. O autor ofrécenos o sorriso como antídoto contra os acontecementos que nos rodean. Máis de dúas décadas de oficio e as súas viñetas en múltiples cabeceiras de prensa avalan a este autor de referencia no humor gráfico.
FICHA TÉCNICA
IDADE
Todas as idades
AUTOR
Santy Gutiérrez
IDIOMA
Castelán
COLECCIÓN
Fóra de colección
XÉNERO
Humor
Nº DE PÁXINAS
120, cor
ENCADERNACIÓN
Rústica con lapelas 12 cm
MEDIDAS
21 x 14 cm
ISBN
978-84-947396-6-8
XA A VENTA NA NOSA WEB!!!