É un pracer anunciar que o venres 22 de decembro ás 10:30 da mañán, abriremos as portas do noso novo local ao público e manterémolas abertas durante varias semáns como tenda Pop-up.
Acompañamos a apertura e inicio desta nova fase de Demo e Planeta Mincha con ilusión e unha programación de actividades paralelas en que dinamizaremos este novo tramo da nosa aventura como editora e produtora cultural vinculada á banda deseñada (cómic) e a ilustración. Isto tamén confirma a renovación do noso compromiso con el Planeta Mincha do que seguiremos exercendo de Consulado para asuntos interplanetarios.
Avanzamos axiña as actividades xa confirmadas para a campaña de Nadal.
PROGRAMACIÓN DEMO/PLANETA MINCHA PARA DECEMBRO 2017
Onde: No noso local en Avda Gramela 19, baixo.
Venres 22 de decembro a partir das 10:30
Apertura ao público do novo espazo Demo Editorial /Planeta Mincha
Apertura da nosa tenda Pop-up con exposición de Planeta Mincha en que poderedes atopar todos os produtos da marca Mincha e de Demo Editorial.
Sábado 23 de decembro ás 12:30
Sesión Vermú e charla presentación de “Santy Gutiérrez 2017”
Presentación da compilación de viñetas en prensa de Santy durante o último ano nun volume que inclúe unha selección de máis de 100 viñetas. Coa presenza do autor, con cada libro servirase un vermú.
Venres 29 de decembro de 17:00 a 19:00
Obradoiro de ilustración: Creación de seres imaxinarios Planeta Mincha
Para nenos/as de 6 a 10 años
Prezo: 12€ cada neno/a (materiais de traballo incluídos e un libro de “Diario de Pichük” + unha chapa de agasallo).
Día 30 de decembro ás 12:30
Sesión Vermú e charla presentación de “Os lobos de Moeche” Edición especial 550 anos das Revoltas Irmandiñas.
Presentación da compilación de viñetas en prensa de Santy durante o último ano nun volume que inclúe unha selección de máis de 100 viñetas. Coa presenza do autor, con cada libro servirase un vermú.
Días 3 e 4 de xaneiro de 12:00 a 13:50
“Un paseo entre viñetas con Manel Cráneo”
Obradoiro de iniciación á banda deseñada para nenos/as de 8 a 12 anos. Apoiado con múltiples exercizos prácticos e materiais audiovisuais e que o autor e editor leva impartidas xa máis de 200 sesións por toda Galicia nos últimos 10 anos. Neste caso ofrécese unha sesión ampliada de dúas sesións de duración.
Inscripcións: info@demoeditorial.com ou chamando ao 981 92 81 67 de 10:00 a 13:30.
Prezo: 24€ cada neno/a (materiais de traballo incluídos).