A partir do día 15 de febreiro chegará ao circuíto libreiro galego a segunda edición de A Fraga Milmañas de Carlos Amil e Manel Cráneo. A raposa Fonsa e o lobo Ferocio protagonizan xunto a outros animais da fraga un clásico da Banda deseñada galega que comezou a súa andaina no ano 2001 nas páxinas da revista Golfiño. As chaves do éxito desta serie residen no uso da metalinguaxe, a aventura, a práctica do enxeño e o humor disparatado.
Para esta segunda edición, rescatamos tres novas historias que quedaran fora da anterior e súmanse agora ampliando os contidos do libro.
A fraga Milmañas foi recomendado xa en diversas escolas galegas e os autores levan visitados bastantes centros para ter encontros cos seus lectores. Con esta nova edición mantemos vivo este clásico da bd galega infantil ideal tamén para nostálxicos que o leeron na infancia e en xeral para todos os públicos.
Na Fraga Milmañas atoparedes humor a esgalla e diversión a cachón!