É un pracer pechar o noso plan de edición anual neste mes de decembro coa obra A tumba de Breogán de Abel Alves e Esteban Tolj. Ofrecémosvos unha xoia, áxil en guión e debuxo, ambientada na Galicia decimonónica para a que os sus autores convertiron a unha das grandes figuras da literatura galega en personaxe principal da trama: Eduardo Pondal.
A edición contou coa colaboración do Concello da Coruña a través da Concellaría de Culturas e o libro será o eixo dunha serie de actividades divulgativas en 2019 nas que se divulgarán os contidos históricos e patrimoniais que forman o substrato desta historia lúdica de intriga e aventuras. A obra contou co asesoramento da empresa Malde Arqueoloxía que participará tamén na segunda fase do proxecto.
IDADE
+13
AUTOR
Abel Alves / Esteban Tolj
IDIOMA
COLECCIÓN
Fora de colección
XÉNERO
Historia, intriga, aventuras
Nº DE PÁXINAS
108, cor
ENCADERNACIÓN
Tapa dura
MEDIDAS
17 x 24 cm
ISBN
978-84-947396-7-5