Naceu o 15 de xaneiro de 1966. Na actualidade traballa como mestra de Primaria na cidade de Ourense. Ten participado en diferentes organizacións de ámbito lingüístico e sociocultural, desde a Casa da Xuventude de Ourense, nos anos oitenta, a Asociación Cultural Auriense, nos noventa, a A. C. “A Gente da Barreira” de Ourense, o MDL (Movimento Defesa da Língua), do cal foi secretaria de organización. Membro fundador da Coordenadora Galega de Roteiros (1998-2008); secretaria da Assembleia da Língua (2002); presidenta da A. C. “A Esmorga” de Ourense; membro fundador da A.C. Pró-AGLP (Pró Academia Galega da Língua Portuguesa) no ano 2007 e presidenta da mesma entre 2011 e 2014. Irene Veiga é escritora de obras de poesía e teatro. En 2017 gañou o premio O FACHO de teatro infantil.