Cristian Fojón Caruncho
Ortigueira, 1997
En 2010 creou o fanzine Historias de Regho Torto, no que foi publicando diversas historias coas que conseguiu numerosos galardóns, como primeiros premios no Certame de Cómic da Mariña (2011), no Certame Benito Losada (2011, 2013, 2014), no Certame Arcebispo Xelmírez (2015) e no concurso Curuxa do Humor do Museo do Humor de Fene (2015). Tamén foi gañador do Certame Viñetas pola Igualdade da Deputación da Coruña en 2011 e 2014. Publicou en medios como o Diario de Pontevedra ou o fanzine poético Infumable. Realizou traballos como o cartel do III Festival Entremareas, a portada do disco Assalto Acústico d’Os Novos ou o cómic da película DHOGS. Actualmente estuda Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Participa cunha historieta curta no volume Licor café.
Cristian Fojón na rede:
cristianfcaruncho.tumblr.com