Unha vez localizado o produto desexado tan só haberá que incorporalo ao carriño da compra facendo clic no botón "Engadir ao carriño". Ao facelo poderá continuar comprando ou tramitar o seu pedido.
Unha vez seleccionados todo os produtos que desexe comprar, facendo clic no botón "Confirmar" iniciará o proceso de compra:
- Se xa é cliente: deberá rexistrarse no sistema introducindo os seus datos de usuario e contrasinal
- Se é un novo cliente: deberá darse de alta para o cal chega con cubrir os datos solicitados nuns sinxelos pasos.
Finalizará o proceso indicando os datos de facturación e envío, seleccionando a continuación a forma de pago que prefira.
a) Transferencia bancaria.
O envío realizarase a través dunha empresa de transporte. En todo o proceso de envío respetaranse as condicións óptimas para o transporte e conservación do produto en perfectas condicións.
Os gastos de envío dependen do tipo de transporte escollido:
- Correos: gratuito (dispoñible para pedidos de ata 2kg).
- Mensaxería: 2,99€ e gratuito para pedidos de máis de 25€ (dispoñible para pedidos de ata 5kg).
- Express: 5,99€.
Non se servirán pedidos en apartados de correos.
Non se realizarán envíos fóra do territorio peninsular.
O prazo de entrega será dependerá do tipo de transporte escollido, sempre que o produto esté dispoñible en stock:
- Correos: de 3 a 7 días.
- Mensaxería: 48/72h.
- Express: 24h.
* Para o prazo de entrega só se consideran días laborais.
Para pagos mediante transferencia bancaria o prazo de entrega establecerase a partir da data de recepción do xustificante da transacción.
Se algún dos produtos seleccionados non se puidera servir contactarse directamente co cliente para acordar unha solución.
O prazo máximo para solicitar a devolución son 14 días desde a recepción do pedido.
A solicitude pódese realizar a través de correo electrónico info@demoeditorial.com ou por teléfono 981 928 167, indicando a referencia do pedido e a incidencia correspondente.
Se o produto entregado non é satisfactorio pode devolvelo a través de mensaxeiro. Reembolsarase o importe do produto pero non os gastos de envío.
No caso de produtos defectuosos ou se non se corresponde co pedido Demo Editorial correrá cos cargos de recollida e envío do produto correcto.
Non se aceptarán devolucións de produtos sen a súa embalaxe e etiquetaxe orixinal. O produto debe atoparse en perfecto estado e sen usar.
Podes solicitar a factura do teu pedido a través de correo electrónico info@demoeditorial.com ou por teléfono 981 928 167, indicando a referencia do pedido.
Se precisa máis información pode contactar con nós no teléfono 981 928 167 ou no correo electrónico info@demoeditorial.com.