Se tes un proxecto, agradecemos que antes de envialo á nosa editorial teñas en conta as seguintes premisas e consideracións:
1. Demo Editorial é un selo especializado en banda deseñada exclusivamente. Os proxectos recibidos que non encaixen dentro dos nosos parámetros de edición e da nosa filosofía editorial non serán valorados nin daremos resposta aos remitentes.
2. Principalmente editamos en lingua galega, aínda que tamén algúns títulos en español dentro da colección HäinnöS, de ciencia ficción e mundos fantásticos.
3. Preferiblemente aceptamos proxectos en branco e negro ou escala de grises; as edicións en cor facémolas só en circunstancias especiais, e polo tanto teñen menos posibilidades de ser aceptadas.
4. As historias presentadas deben encaixar dentro das nosas liñas de edición: ciencia ficción e mundos fantásticos; aventuras de ambientación histórica (especialmente as ambientadas en Galicia ou que teñan relación directa cos seus personaxes históricos e lendarios); historias mudas onde a imaxe pese máis que a palabra, e algunhas outras temáticas das que podes encontrar exemplos no noso catálogo. Repasa o catálogo antes de enviarnos nada para asegurarte de que o teu proxecto pode encaixar.
5. A extensión das historias preferiblemente non debería de estar por debaixo das 48 páxinas nin por riba das 120.
6. Valoraranse especialmente os proxectos que encaixen dentro dos nosos formatos de colección, que polo xeral son 17 x 24 cm e 14 x 21 cm.
7. Como enviar o teu proxecto:
– Mínimo 8 páxinas rematadas.
– Breve sinopse da obra (extensión máxima: unha páxina).
– Datos de contacto do autor/a.
– Valoraremos tamén calquera achega gráfica a maiores, como deseños de personaxes e fondos ou propostas de deseño de cubertas.