O LUME

Novo O LUME Máis grande

978-84-126120-0-4

Máis Info

Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e erguer con urxencia unha colonia lunar para asegurar a supervivencia da humanidade ante o inevitable desastre. 

Inmerso nesa construción, élle diagnosticado un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle quedan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide colida co noso planeta. Este dramático feito fai que reconsidere a súa propia natureza profesional e persoal, o que o leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia, coa que case non ten contacto. Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, e que o condenarán a vagar nunha dramática, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo: unha desesperada carreira cara á fin dos tempos, contra a morte, a loucura e a súa propia e atormentada conciencia.

«O lume é unha das obras máis impactantes, intensas, amargas, conmovedoras e traumáticas que teño lido nos últimos tempos. Imposible non quedar tocado por todo o que nela se conta, tanto no seu apocalíptico fondo como na súa flamíxera forma.»

Fernando de Felipe

«O lume é unha BD magnífica; encantaríame ser eu o autor. Coido que o difícil nunha historia de ciencia ficción é encontrar unha trama humana que estea á altura do grandioso do escenario fantástico. E, para min, esta historia conségueo.»

Paco Roca

IDADE

+16

 

AUTOR

David Rubín

 

IDIOMA

Galego

 

COLECCIÓN

HäinöS 

XÉNERO

Drama social, intriga

 

Nº DE PÁXINAS

256, cor

 

ENCADERNACIÓN

Rústica

 

MEDIDAS

23 x 31 cm

 

ISBN

978-84-936993-2-1

Máis detalles

35,00 €

As clientas que mercaron este produto tamén mercaron:

8 Produtos na mesma categoria