Nacho Camacho é ante todo un home dos de sempre, e está orgulloso de selo. Macho alfa contemporáneo, cachas de ximnasio, materialista ata a medula, adora o seu ídolo Clint Eastwood, seguramente porque aínda non coñece a Vin Diesel. A vida de Nacho sería perfecta se non fose por un pequeno problema que ten na súa propia casa: o seu fillo pre-adolescente Junior, é homosexual.
Jano e Rodrigo Cota ofrecen unha obra humorística que ridiculiza de xeito directo e sen complexos unha sociedade machista que sucumbe ante a chegada de novos conceptos para entender a vida baseados nas liberdades individuais e de expresión.
IDADE
+18
AUTOR
IDIOMA
COLECCIÓN
XÉNERO
Social, humor
Nº DE PÁXINAS
48, cor
ENCADERNACIÓN
Rústica
MEDIDAS
14 x 21 cm
ISBN
978-84-940349-8-5
Aviso: Últimos produtos en stock!
Availability date: