Primeira entrega de oito, esta serie aborda a biografía do intelectual e político Daniel A. Rodríguez Castelao. Excelentemente ambientada e documentada, sinxela e ao tempo narrativamente ambiciosa, este tratamento da vida dunha das grandes figuras na cultura e a historia galega non ten precedentes en dimensión e calidade.
Neste volume da excepcional serie biográfica sobre esta gran figura da cultura e da historia galega coñecemos un Castelao no desterro político, exercendo de funcionario en Badaxoz, en 1934. Alí coñece outros galegos e interésase pola situación social en Estremadura. Vivindo entre a morriña e as escapadas a Portugal, nunha das súas viaxes atopa un libro que marcará a súa vida nese momento, unha etapa fundamental para entender moitas das súas ideas.
IDADE
AUTOR
IDIOMA
COLECCIÓN
XÉNERO
Nº DE PÁXINAS
64, branco e negro.
ENCADERNACIÓN
Rústica
MEDIDAS
17 x 24 cm
ISBN
978-84-936993-8-3
Aviso: Últimos produtos en stock!
Availability date: