Francia, 1948. Nos anos da difícil posguerra europea, o tempo de paz agocha milleiros de historias de vencedores e vencidos, máis alá dos resultados bélicos.
Os traballadores dun circo que percorre o país observan con estrañeza a chegada dun misterioso convidado traído por un vello coñecido do xerente. A partir dese momento, afloran feridas que quedaran
abertas durante ese período convulso.
A nova obra do autor da novela gráfica A deserción de Stalin presenta un cambio de rexistro gráfico e narrativo que mantén, porén, todo o seu interese sobre a complexa realidade sociopolítica da Europa do século XX.
IDADE
+16
AUTOR
Tomás Guerrero
IDIOMA
Galego
COLECCIÓN
Fóra de colección
XÉNERO
Suspense, intriga
Nº DE PÁXINAS
74, branco e negro
ENCADERNACIÓN
Rústica con lapelas
MEDIDAS
17 x 24 cm
ISBN
978-84-948931-2-4
Aviso: Últimos produtos en stock!
Availability date: