Vigo, 1984. Xusto antes da primeira folga xeral galega, a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial fai sospeitar á policía sobre Alba, que está a traballar nese momento no lugar dos feitos. Para demostrar a súa inocencia, Alba iniciará a súa pescuda cun veterano sindicalista, e ambos acabarán descubrindo unhas implicacións moi distintas ás das investigacións policiais.
Tokio asina unha obra de ficción de importante carga política, que publicou inicialmente por entregas en 1987, no xornal A Peneira. Recuperada agora con nova aparencia gráfica e argumento ampliado, supón unha ollada xenuína ás inquedanzas de boa parte da sociedade galega dos oitenta.
IDADE
AUTOR
IDIOMA
COLECCIÓN
Fóra de colección
XÉNERO
Policial, misterio
Nº DE PÁXINAS
52, branco e negro
ENCADERNACIÓN
Rústica
MEDIDAS
17 x 24 cm
ISBN
978-84-940349-9-2
Aviso: Últimos produtos en stock!
Availability date: