O VOO DA CURUXA

Novo O VOO DA CURUXA Máis grande

978-84-124695-8-5

Máis Info

Eduardo Zamacois, intelectual e cineasta, percorre a España dos anos vinte do século pasado na procura das grandes plumas da literatura para filmar un innovador documental. No seu percorrido, fai parada no pazo de Meirás, para encontrarse cunha muller cun carácter único: Emilia Pardo Bazán.

Esta obra é un achegamento fascinante aos derradeiros meses de vida de dona Emilia. No seu aspecto gráfico, lémbranos a estética dos gravados clásicos, e consegue cativarnos grazas a un guión maduro e con ritmo narrativo áxil que transita entre o real e o literario, incorporando relatos da propia Pardo Bazán.

Inacio e Iván Suárez retornan con mestría ao catálogo de Demo cunha obra na que demostran que en Galicia temos aínda moito por contar da nosa terra, da nosa cultura e das nosas xentes.

IDADE

+16

AUTOR

Inacio Vilñariño e Iván Suárez

IDIOMA

Galego

 

COLECCIÓN

CASTELAO

XÉNERO

Biográfico, histórico

Nº DE PÁXINAS

56, branco e negro

 

ENCADERNACIÓN

Rústica

 

MEDIDAS

17 x 24 cm

 

ISBN

978-84-124695-8-5

Máis detalles

13,90 €

As clientas que mercaron este produto tamén mercaron:

29 Produtos na mesma categoria