Máis grande
Unha prisión no punto máis arredado do mapa. Un ambiente hostil que alberga asasinos e matóns, anarquistas e sindicalistas, e outros presos políticos e civís. Historias cruzadas de crimes, paixón e sangue no recanto máis feroz do mundo (a provincia de Terra de Fogo na Arxentina). A historia que nos ofrecen Kundo Krunch e Santiago Sánchez Kutika ocorre en 1933, cando o xornalista Juan José de Soiza Reilly chega á prisión da fin do mundo para lles dar voz aos condenados, e contar os seus crimes, mais tamén as súas miserias e privacións. Un relato cru e realista de dous autores que xa son referencia no mercado da banda deseñada arxentina.
AS IMPRESIÓNS DE JUAN JOSÉ DE SOIZA REILLY
É unha época de grande inestabilidade política na Arxentina (a chamada «Década infame», que abrangue os anos trinta), e os presos políticos son confinados no extremo sur do país. O prestixioso xornalista e escritor Juan José de Soiza Reilly viaxa ata a zona para a revista Caras y Caretas, e tamén realiza entrevistas a varios dos presos comúns na prisión de Ushuaia.
Os seus textos son crónicas que van máis alá do policial e analizan o fondo humano destas persoas que cometeron crimes atroces. O cárcere da fin do mundo adapta con mestría eses artigos á banda deseñada.
IDADE
+13
AUTOR
Sánchez Kutika / Kundo Krunch
IDIOMA
COLECCIÓN
Fóra de colección
XÉNERO
Social, Serie negra
Nº DE PÁXINAS
96, cor
ENCADERNACIÓN
Rústica con lapelas
MEDIDAS
17 x 24 cm
ISBN
978-84-126120-1-1
Aviso: Últimos produtos en stock!
Availability date: