CINZA

Novo CINZA Máis grande

Máis Info

'Cinza' é a adaptación de Manel Cráneo do 'long-seller' 'A nosa cinza', de Xavier Alcalá, con máis de 80 000 exemplares vendidos. Conta a vida de Xoán, un rapaz criado durante a ditadura franquista, orfo de nai, fillo de médico, de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda para o veraneo, vemos a Xoán medrar no duro contexto do seu tempo. Os anos de escola e instituto marcan a transición do neno inocente ao mozo que se ha de enfrontar aos designios da vida para cortar o cordón umbilical coa súa familia.

'Cinza' é unha obra universal e intemporal chea de referencias polos temas que a vertebran: a morte, o sexo, a amizade, os excesos da relixión e a dureza dun réxime totalitario. A morte asalta o protagonista desde cativo; o sexo xórdelle como premio inalcanzable; a amizade corre paralela a unha violencia que ensombrece a vida do neno e do adolescente; o fundamentalismo relixioso acosa, abafa os sentimentos; imponse a Formación do Espírito Nacional Católico empeñado en agochar o galeguismo.

"Queimémonos,

mais garde calor de presenza a nosa cinza

na marcha sen final do tempo."

3.ª EDICIÓN

IDADE

+16

AUTOR

Manel Cráneo

IDIOMA

Galego

 

COLECCIÓN

Fóra de colección

XÉNERO

Biográfico, histórico, social

Nº DE PÁXINAS 

136, branco e negro

 

ENCADERNACIÓN

Tapa dura

 

MEDIDAS 

19,5 x 27,7 cm

 

ISBN 

978-84-124695-8-5

Máis detalles

27,00 €

30 Produtos na mesma categoria