Nunha Galiza en tensión por manterse como reino independente, sete infantes raptan a Nuno, o primoxénito do rei García II. Un enigmático cabaleiro francés, de nome Roldán, inicia unha aventura de rescate sen freo que deixará como rastro un río de sangue. A traizón a un rei ten un prezo.
Inacio e Iván Suárez adaptan de xeito maxistral esta obra dunha das mellores plumas do romanticismo, Victor Hugo, que fixou a súa mirada no derradeiro rei de Galiza para rimar un relato épico e poético que resulta imperecedoiro e fresco.
Le petit roi de Galice, publicado dentro da obra magna de Hugo La légende des siècles, recupera a tradición medievalista dos autores románticos enxalzando a loita clásica entre o ben e o mal. Unha banda deseñada na categoría de delicatessen.
O proxecto complétase con dúas pezas divulgativas:
Esta obra obtivo o PREMIO DEPUTACIÓN DA CORUÑA a proxectos sobre o Reino de Galicia 2022.
IDADE
Inacio Vilariño/ Iván Suárez
IDIOMA
COLECCIÓN
Eumedievo
XÉNERO
Aventuras
Nº DE PÁXINAS
52, cor
ENCADERNACIÓN
Rústica con lapelas de 7 cm
MEDIDAS
17 x 24 cm
ISBN
978-84-126120-4-2
Aviso: Últimos produtos en stock!
Availability date:
Idade | 13 |
Xénero | Aventuras |
Idioma | Galego |